THIS / THAT / THESE / THOSE (4º e 5º primaria)
Hoxe imos a aprender a usar this /that /these and those. Ánimovos a facer un esquema como o da imaxe para que así vos sexa máis fácil de recordar.
Para comprender os termos temos que ter dous conceptos moi claros: NEAR (preto) e FAR (lonxe); SINGULAR e PLURAL.
Empréganse para describir a posición dos obxectos ou das persoas, é dicir se están lonxe ou preto nosa.
Entón cando queremos falar dos obxectos que temos preto nosa podemos usar THIS ou THESE. A diferenza entre THIS e THESE réfirese á cantidade de obxectos. Por exemplo: na imaxe podemos ver que temos un cangrexo e unhas moedas preto nosa. Como cangrexo é singular empregamos "This crab" pero temos que usar "These coins" porque hai máis dunha moeda.
Para nombrar obxectos que están lonxe nosa empregamos THAT ou THOSE, cá mesma diferenza en canto á cantidade. "That" para singular e "those" en plural. Seguindo o exemplo, vemos que na imaxe temos un barco lonxe de nós e tamén dous tiburóns. O barco é singular "That boat" e os tiburóns está en plural "Those sharks"
Entendéstelo? Pois ben agora vamos a por os coñecementos en práctica.
A maiores, os de 4º tedes no activity book de Oxford Rooftops, páxina 44 os exercicios 2 e 3 para por en práctica todo o aprendido.
https://en.islcollective.com/english-esl-worksheets/grammar/pronouns-these-those/these/those/25216 Nesta páxina podedes descargar máis actividades.
Para rematar, facedes un debuxo onde haxa varias persoas e/ou obxectos preto e lonxe e anímovos a que describades o voso debuxo. Envíademo e compartirelo co resto de rapazas e rapaces.
Comentarios
Publicar un comentario