DESPEDIDA





Nun abrir e pechar de ollos, o curso 2019-2020 chegou ao final. Parece que aínda foi onte cando fomos para as nosas casas a seguir traballando e contribuíndo a que o COVID-19 non se espandise. Estades feito unhas superheroínas e superheroes.

As familias fostes de gran axuda. Moitísimas grazas pola vosa implicación! Desta situación podemos extraer moitas conclusións. Para min a máis importante é a tan necesaria colaboración escola- familia, xuntas facemos un gran equipo!

Nas vacacións deséxovos que desfrutes, que o pasedes en grande e xoguedes moito. Non vos esquezades de escoitar cancións en inglés, de xogar a algún xogo ou mesmo ver un vídeo, temos tempo para todo!

QUE PASEDES UNHAS BOAS VACACIÓNS! 

I HOPE YOU HAVE FANTASTIC HOLIDAYS! 


Comentarios

Entradas populares de este blog

ANIMALS AT THE ZOO

ACTIVITIES: 3RD PRIMARY

CLOTHES (2ND PRIMARY)