Entradas

DESPEDIDA

Imagen
Nun abrir e pechar de ollos, o curso 2019-2020 chegou ao final. Parece que aínda foi onte cando fomos para as nosas casas a seguir traballando e contribuíndo a que o COVID-19 non se espandise. Estades feito unhas superheroínas e superheroes. As familias fostes de gran axuda. Moitísimas grazas pola vosa implicación! Desta situación podemos extraer moitas conclusións. Para min a máis importante é a tan necesaria colaboración escola- familia, xuntas facemos un gran equipo! Nas vacacións deséxovos que desfrutes, que o pasedes en grande e xoguedes moito. Non vos esquezades de escoitar cancións en inglés, de xogar a algún xogo ou mesmo ver un vídeo, temos tempo para todo! QUE PASEDES UNHAS BOAS VACACIÓNS!  I HOPE YOU HAVE FANTASTIC HOLIDAYS! 

3rd primary. My portfolio: Here I am!

Imagen
O alumnado de terceiro de primaria, elaborará esta semana o seu portfolio "Here I am!" onde fai unha recopilación de diversas temáticas traballadas ao longo do curso. O prazo máximo de entrega é o xoves 11 de xuño.