CLOTHES (2ND PRIMARY)
O alumnado de 2º de primaria do CEIP Xoán de Requeixo estivemos adquirindo vocabulario da roupa. Agora é tempo de seguir aprendendo e repasando, por iso déixovos algúns enlaces para que poidades practicar.
Lembra que tamén podes ir facendo o BINGO da roupa. Para iso tes que seleccionar pezas de roupa da ficha que fixemos na clase e debuxala. O BINGO terá 8 caixas. A volta de vacacións xogaremos a el e a ver se gañas o trofeo!!
Podedes prácticar pezas da roupa, as súas cores e facer frases. Aparece palabriñas novas que
non vimos: sneakers, blouse... e así poderás aprender algunha nova.
Neste xogo tiramos o dado e o barco avanza casillas cando
chegue a unha casilla temos que adiviñar a pregunta.
Vamos a practicar “listening”, preme para escoitar a
palabra, repitea en alto (speaking) e
selecciona a peza de roupa que é (reading).
Este é o mesmo có darriba, pero con máis pezas de roupa.
Neste só terás que vestir a dúas persoas co que che din. Practicamos She is wearing… e He is
wearing… Aquí aprenderás a decir que levan posto. Lembra sempre ter o
altofalante para escoitar a frase, repítea en alto e volve a leela.
Como tes a memoria visual? E a auditiva? Vamos a exercitala
un pouquiño de paso que aprendemos as pezas da roupa.
Será tempo de facer unha sopa de letras e de paso
traballamos a concentración.
Comentarios
Publicar un comentario