Nun abrir e pechar de ollos, o curso 2019-2020 chegou ao final. Parece que aínda foi onte cando fomos para as nosas casas a seguir traballando e contribuíndo a que o COVID-19 non se espandise. Estades feito unhas superheroínas e superheroes. As familias fostes de gran axuda. Moitísimas grazas pola vosa implicación! Desta situación podemos extraer moitas conclusións. Para min a máis importante é a tan necesaria colaboración escola- familia, xuntas facemos un gran equipo! Nas vacacións deséxovos que desfrutes, que o pasedes en grande e xoguedes moito. Non vos esquezades de escoitar cancións en inglés, de xogar a algún xogo ou mesmo ver un vídeo, temos tempo para todo! QUE PASEDES UNHAS BOAS VACACIÓNS! I HOPE YOU HAVE FANTASTIC HOLIDAYS!
Neste curso levamos lido e escoitado moitos contos de Julia Donaldson. Introducimos moitas unidades con contos verdade? Esta semana imos a adicala a libros. Hoxe preséntovos a ZOG. Podedes escoitar e ler o libro neste enlace. Aproveitamos para repasar. Neste caso as partes do corpo. Ponlle nome. Os de segundo se non vos lembrades mirade na libreta. A parte de escoitar o vídeo, podemos ver anacos da película en https://www.youtube.com/playlist?list=PLrGTC9o9wTc4BpwDqoSQ9_CQzDLrU66cS Na canle de youtube de Stephen Kawecki. Do you like more the book or the film?
Algunhas familias non viron o blogue ata o de agora. Recordar que estas actividades teñen como obxectivo non perder a dinámica de inglés. Se alguén non fixo as actividades,recordar que polo dagora son voluntarias pero recomendables.
Comentarios
Publicar un comentario